LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 207 16 / 02 / 2023
 
       
   

Aberta a convocatoria para o 2023 do Programa APROL - Economía Social

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publicou as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social que se convocan para o 2023.

O obxectivo final destas axudas é fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais.

Ver máis

       
   

O proxecto europeo Sudoe Agrosmart Global suma 200 contactos comerciais para adquirir no exterior produtos de cooperativas galegas

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou na clausura en Cenlle (Ourense) do foro final de resultados do proxecto europeo Sudoe Agrosmart Global.

Trátase dunha iniciativa que naceu co obxectivo de impulsar o comercio internacional das cooperativas e pequenas empresas agroalimentarias e que situou a Galicia nun proxecto internacional.

Ver máis

       
 
   
       
   

Aberto o prazo de solicitude para a 11.ª edición do programa "Creando Mellora"

Espazocoop inicia o proceso de selección das persoas bolseiras que participarán nas estadías en cooperativas no marco do programa "Creando Mellora". 

A convocatoria consta de 4 bolsas, cunha axuda económica mensual bruta de 700 €, que darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa galega para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e os procesos de mellora. 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de febreiro de 2023.

Ver máis

       
   

2.º Hackathon Social - Tech

O 2.º Hackathon Social Tech pretende involucrar aos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas e sostibles aos retos que se nos plantexan cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

As persoas participantes desenvolverán habilidades transversais, como a innovación, a comunicación e o traballo en equipo ou habilidades dixitais.

O prazo de inscrición remata o 21 de febreiro de 2023.

Ver máis

       
   


Inscríbete no curso "O coaching como oportunidade para emprender"

Desde a Rede Eusumo organizamos a 1.ª edición desta formación gratuíta destinada a todas as persoas que queren emprender e que precisan dunhas directrices para facer da incerteza unha oportunidade e poder desenvolver a súa idea de negocio.

Saca o maior partido dos recursos existentes e analiza a túa idea de negocio desde diferentes perspectivas para conseguir os teus obxectivos.

Datas: do 3 ao 17 de marzo de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 2 de marzo de 2023

Ver máis

   
   

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela