Programa "Apoio á Función Xerencial en Cooperativas – Creando Mellora” | Edición 11.ª

No marco da Rede Eusumo, Espazocoop lanza a 11.ª edición do programa "Creando mellora", iniciando desta maneira o proceso de selección das persoas bolseiras que participarán nas estadías en cooperativas no marco deste programa.
Esta iniciativa vai dirixida a persoas con formación no ámbito empresarial, preferentemente mulleres menores de 30 anos e en desemprego.
A convocatoria consta de 4 bolsas que darán a posibilidade de realizar unha Estadía en Prácticas nunha Cooperativa galega para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora. As Bolsas están dotadas cunha Axuda Económica mensual bruta de 700 €.
A estadía terá unha duración de 6 meses, desde o 13 de marzo ata o 11 de setembro a razón de 25 horas semanais e lavaranse a cabo nas seguintes localidades:
- Vigo (2 prazas - 2 bolsas)
- O Carballiño (1 praza - 1 bolsa)
- A Coruña - Cesures (1 praza - 1 bolsa)
O obxectivo desta iniciativa é que as persoas beneficiarias das bolsas analicen, deseñen, planifiquen e desenvolvan accións de mellora na xestión da cooperativa.
Como parte do programa, os candidatos/as preseleccionados/as terán que realizar un curso de formación cooperativa, previsto do 27 de febreiro ao 6 de marzo de 20 horas en modalidade semi-presencial (con dúas sesións presenciais en Santiago o 28 de febreiro e 3 de marzo).
O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de febreiro de 2023.
Accede ao formulario de solicitude premendo aquí.
Tamén podes consultar o cartel do programa ou máis información.
Contacto: Unión de Cooperativas EspazoCoop | 986 866 149 – roberto@espazo.coop | de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h.