2.º Hackathon Social - Tech

O 2.º Hackathon Social Tech pretende involucrar aos estudantes no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas e sostibles aos retos que se nos plantexan cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) nun período de tempo limitado, traballando en equipos multidisciplinares e cunha metodoloxía intensiva e presencial. 

As persoas participantes desenvolverán habilidades transversais, como a innovación, a comunicación e o traballo en equipo ou habilidades dixitais.

Esta actividade vai dirixida a estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que teñan ganas de aprender, compartir coñecementos e aportar valor á sociedade. Non é preciso ter coñecementos específicos.

Levarase a cabo o 24 de febreiro de 2023 (de 16:00 h a 20:00 h) e o 25 de febreiro (de 9:00 h a 13:00 h) no Edificio Emprendia (Facultade Intelixencia Artificial), no Campus Vida da USC.

Para participar só tes que cubrir a solicitude de inscrición antes do 21 de febreiro ás 23:59 h. A actividade está limitada a 24 prazas.

Inscríbete na seguinte ligazón.

Se precisas máis información, visita a páxina web de LIES_GA.

 

Martes, 21 February, 2023 - 23:45

Compartir