LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 103  04 / 02 / 2021
 
   

Novidades na Lei de cooperativas de Galicia

Coa entrada en vigor da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, modifícanse determinados aspectos da Lei de cooperativas de Galicia.

Con estas medidas trátase de flexibilizar o desenvolvemento das reunións e das asembleas para garantir a seguridade fronte á covid-19; tamén se amplían os prazos para a adopción de acordos e se prorrogan os nomeamentos que deberan ser renovados tras a declaración do estado de alarma. 
 
 Consulta o texto íntegro da Lei 4/2021 aquí

Ver máis

       
   

A túa cooperativa merece un premio!

Formas parte dunha cooperativa galega que realiza un labor destacado no eido do cooperativismo? Participa e presenta a túa candidatura!

Hai tres categorías, cada unha delas dotada con 5000 €. 

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2021. 

Para máis información, consulta a orde completa premendo aquí.   

Ver máis

       
   

Certame Cooperativismo no ensino 2021

Atención, centros de ensino! Ata o próximo 30 de abril de 2021 podedes presentar a vosa solicitude para participar no Certame de Cooperativismo no Ensino 2021. Segundo a modalidade (actividades artísticas, actividades cooperativizadas ou proxectos empresariais cooperativos), optaredes a premios de ata 4500 €.

Para máis información, podedes consultar a orde completa premendo aquí.  

Ver máis

   
   

Es muller e formas parte dunha entidade de economía social?

Se queres sacarlle todo o potencial ao teu talento, inscríbete no programa formativo Medrando Xuntas, ata o 21 de febreiro, dirixido a mulleres con responsabilidade de goberno e dirección, así como a socias e a traballadoras de entidades de economía social. Poderás aprender a xestionar os teus proxectos e a mellorar as túas habilidades persoais.  

Tamén poderás participar no IV Foro Medrando Xuntas, un espazo de conversa sobre os desafíos e as oportunidades que as mulleres teñen no seu desenvolvemento empresarial.

Medrando Xuntas Directivas

Datas: de marzo a xuño de 2021
Duración: 60 h 
Modalidade:
en liña a través da plataforma Zoom, con sesións presenciais en Santiago de Compostela se as condicións sanitarias o permiten
Inscricións: formulario / medrandoxuntas@emprego.xunta.gal


Medrando Xuntas Socias e traballadoras

Datas: de abril a maio de 2021
Duración: 20 h 
Modalidade:
en liña a través da plataforma Zoom
Inscricións: formulario / medrandoxuntas@emprego.xunta.gal
 

Ver máis

       
   

Emprender mediante a fórmula do autoemprego cooperativo

Coñece todo o que precisas para crear unha cooperativa: como se organiza, as súas características, así como diferentes experiencias reais de cooperativas en funcionamento.

Datas: 23/02/2021 - 22/03/2021
Modalidade e horario: a través de aulaespazocoop.com 
Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 23 de febreiro e 22 de marzo de 11:00 a 12:30 h e o 8 de marzo de 16:30 a 18:00 h
Duración: 40 h 
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456

Ver máis

       
   

Mellora a preparación e o funcionamento das asembleas e reunións

O traballo en equipo e a adopción de acordos son fundamentais para o bo funcionamento dunha empresa na que as persoas son o primeiro. Se tes interese en incorporar melloras no desenvolvemento das asembleas e as reunións na túa entidade de economía social, inscríbete e aprende como facelo.  

Datas: 23/02/2021 - 23/03/2021
Modalidade e horario: a través de aulaespazocoop.com 
Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 23 de febreiro, 9 e 23 de marzo de 17:00 a 19:00 h
Duración: 40 h 
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456

Ver máis

       
   

Precisas financiamento para o teu negocio?

Coñece outras opcións para obter financiamento máis alá da banca tradicional, e descubre como o diñeiro pode poñerse ao servizo das persoas. 

Datas: 23/02/2021 - 16/03/2021
Modalidade e horario: a través de aulaespazocoop.com 
Celebraranse dúas sesións virtuais de aprendizaxe os días 23 de febreiro e 16 de marzo de 11:00 a 12:30 h
Duración: 40 h 
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456

 

Ver máis

       
   

É o momento de poñer en práctica o teu proxecto cooperativo

Coñece os pasos que hai que dar para que a túa idea se materialice nunha empresa cooperativa. Analizaranse as áreas comercial e de mercado, a viabilidade económica e financeira do proxecto, a planificación da área organizativa e os trámites de constitución. 

Datas: 23/02/2021 - 22/03/2021
Modalidade e horario: a través de aulaespazocoop.com 
Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 24 de febreiro e 18 de marzo de 11:00 a 12:00 h e o 10 de marzo de 16:30 a 18:00 h
Duración: 40 h 
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela