Convocatoria Certame Cooperativismo no Ensino 2021

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de publicar as bases reguladoras do Certame de Cooperativismo no Ensino 2020.

obxectivo deste programa é difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Establécense as seguintes modalidades de participación:

  • Actividades artísticas: dirixidas ao alumnado de educación infantil, primaria e educación especial.
  • Actividades cooperativizadas: dirixidas ao alumnado de educación secundaria obrigatoria e educación especial.
  • Proxectos empresariais cooperativos: dirixidos ao alumnado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

O orzamento total ascende a 28.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2021.

Para consultar a orde completa, preme aquí.

Descarga o cartel do certame aquí.

Para que vos animedes a participar e vexades unha mostra dalgúns dos traballos que fixo o alumnado noutras edicións, podedes visualizar este vídeo.

 

 

Luns, 1 February, 2021 - 11:00 to Venres, 30 April, 2021 - 11:00

Compartir