FERRAMENTAS DE FINANCIAMENTO ÉTICO E ALTERNATIVO

Espazocoop, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa en liña:

FERRAMENTAS DE FINANCIAMENTO ÉTICO E ALTERNATIVO
 

Datas: 23 de febreiro ao 16 de marzo de 2021

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse dúas sesións virtuais de aprendizaxe os días 23 de febreiro e 16 de marzo de 11:00 a 12:30 h

Duración: 40 horas

Destinatarios: persoas que traballan ou colaboran con entidades de economía social e solidaria, tanto do sector de mercado (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, Centros Especiais de Emprego, Empresas de inserción) como de non mercado (Asociacións, Fundacións etc.) ou público en xeral. 

Obxectivos: Curso orientado a fornecer coñecementos financeiros básicos que axuden na resolución destas necesidades. Partindo dunha visión crítica da banca tradicional, analiza o papel das finanzas éticas, de cara a unha reconfiguración da función do diñeiro como ferramenta ao servizo das persoas, as empresas e a economía produtiva. 

Programa:

Tema 1: Finanzas éticas
Tema 2: Finanzas éticas ao servizo das persoas e da economía produtiva
Tema 3: Os principais instrumentos de financiamento ético e alternativo
Tema 4: Experiencias de finanzas éticas e financiamento solidario en Galicia, no estado e no mundo

Inscricións:

- gratuíta
a través do seguinte formulario 881 887 456 / patane@espazo.coop

Podes visualizar o cartel premendo aquí.

 

Martes, 23 February, 2021 - 10:30 to Martes, 16 March, 2021 - 10:30

Compartir

Artigos relacionados