|
Boletín Rede Eusumo Nº 104 11 / 02 / 2021
|
|
|
|
|
|
Programa Aprol economía social 2021
Publicadas as bases para a concesión de subvencións destinadas ao fomento do emprendemento en economía social. O obxectivo é fomentar a incorporación de persoas desempregadas ou traballadoras a cooperativas e sociedades laborais a través de dous programas:
- Programa I para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
-Programa II para o fomento do acceso á condición de persoa socia.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2021.
Infórmate das novidades desta edición!
Podes consultar a orde completa premendo aquí.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
A celebración das asembleas xerais de cooperativas coa nova regulación
Se durante a pandemia tivestes problemas para realizar as reunións das asembleas xerais con normalidade, coa nova Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas que modifica determinados aspectos da Lei de cooperativas de Galicia, poderedes levalas a cabo dunha forma segura seguindo unha serie de pautas que podedes consultar aquí.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Únete ao almorzo cooperativo!
Se formas parte dunha cooperativa sen ánimo de lucro asociada a EspazoCoop, almorza connosco e participa neste encontro telemático para seguir avanzando nas necesidades, proxectos, iniciativas e demandas trasladadas neste ámbito e conéctate con outras cooperativas para compartir as vosas inquedanzas.
Data: 12/02/2021
Horario: 09:30 - 11:30 h
Modalidade: en liña a través de aulaespazocoop
Inscricións: tino@espazo.coop / 881887456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Ideas para a modernización do sector primario!
Coñece como mellorar a túa explotación agraria a través de certificacións de calidade e medioambientais.
Datas: do 22/02/2021 ao 31/03/2021
Duración: 70 h
Modalidade: en liña a través da aula virtual
Inscricións: formulario / 981584783 / agaca@agaca.coop
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Coñece as oportunidades de negocio para emprender no medio rural
Durante cinco sesións abordarase, a través de persoas especializadas na materia, a importancia de emprender; as estratexias para levar adiante as túas ideas de negocio con éxito; os posibles apoios e axudas públicas para poñer en marcha o teu proxecto; a elaboración do Plan emprendedor; así como as oportunidades de negocio máis destacadas no medio rural.
Non o dubides e ínscríbete! É o momento de sacar o máximo rendemento aos recursos cos que contamos.
Datas: 23 e 25/02/2021 e 2, 4 e 9/03/2021
Horario: 16:00 - 19:00 h
Modalidade: en liña a través da aula virtual
Inscricións: formulario / 981584783 / agaca@agaca.coop
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Precisas ampliar coñecementos no ámbito da contabilidade?
Aprende os conceptos e os instrumentos clave da contabilidade e as finanzas para xestionar unha entidade de economía social. Neste curso afondarase principalmente nos estados financeiros (os principios xerais da contabilidade, o balance de situación, a conta de resultados e o punto de equilibrio) e os custos (directos e indirectos, os gastos e pagos e as amortizacións).
Ademais, contarás coa axuda dun titor especializado na materia ao que trasladarlle calquera tipo de dúbida ou cuestión ao respecto. Non o penses máis e inscríbete!
Datas: do 24/02/2021 ao 17/03/2021
Modalidade: en liña
Duración: 20 h
Inscricións: formulario / 981558008 / eusumo.emprego@xunta.es
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso formativo Woman code
Se es muller e queres ampliar coñecementos no ámbito das TIC, este curso interésache. É o momento de rematar coa brecha dixital de xénero e formarse en habilidades dixitais e tecnolóxicas para aumentar as posibilidades de conseguir un emprego ou mellorar no teu emprego actual.
Coñece en detalle esta iniciativa da cooperativa Dálle que dálle!
Duración: 16 semanas
Modalidade e horario: as clases desenvolveranse en live streaming durante 4 h diarias en horario de mañá
Inscricións: aula@dallequedalle.com / 697209396
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|