Almorzo cooperativo virtual: cooperativas sen ánimo de lucro

EspazoCoop desenvolve a seguinte actividade divulgativa no marco da Rede Eusumo:
ALMORZOS COOPERATIVOS VIRTUAIS: COOPERATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO
Data: 12 de febreiro de 2021
Horario: de 09:30 a 11:30 horas
Modalidade: en liña a través de http://aulaespazocoop.com/
Destinatarias: Cooperativas sen Ánimo de Lucro socias de EspazoCoop
Programa:
- Presentación do traballo realizado e dinamización do Almorzo Cooperativo Virtual
- Intervención das participantes
- Debate e intercambio
- Dúbidas e preguntas
- Resumo, conclusións e compromisos
Planficación temporal dos módulos da acción:
- Desenvolver un Encontro Telemático para continuar a liña de traballo iniciada ao redor das especificidades das Cooperativas sen Ánimo de Lucro da Unión de Cooperativas EspazoCoop. O obxetivo da sesión é que poida servir ás socias, para seguir abordando e avanzando nas súas necesidades, proxectos, e nas iniciativas e demandas particulares deste ámbito.
- Favorecer a posta en marcha dunha Sectorial de Cooperativas sen Ánimo de Lucro.
- EspazoCoop prestará o seu soporte dinamizador para aglutinar ao grupo de cooperativas sen ánimo de lucro asociadas, para conectalas, apoialas e canalizar as súas inquedanzas.
- Será un encontro informativo e de intercambio.
Para máis información e inscricións: tino@espazo.coop / 881 887 456
Venres, 12 February, 2021 - 09:30 to 11:30