LOADING


  Boletín Rede Eusumo Nº 261 07/03/2024
 
              
       
Rivo participa na V Semana Universitaria da Economía Social da USC
Elena Rivo clausurou o acto central da V Semana Universitaria da Economía Social da Universidade de Santiago de Compostela, onde puxo de relevo a segunda Estratexia da Xunta para seguir consolidando este modelo empresarial que xera riqueza no territorio e que crea emprego inclusivo.

Ademais, aproveitou o acto para pór a acción universitaria a prol da economía social como mostra da colaboración que vén mantendo a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade coa USC en materia de emprego e para acadar a igualdade de oportunidades.

           
 
       
           
       

  Únete a esta xornada estratéxica de cooperativas de horta

Agaca organiza esta xornada estratéxica para abordar os retos produtivos e de comercialización das cooperativas de horta, legumes, froita, flor e planta ornamental.

Data: 12 de marzo
Horario: de 9:45 h a 14:45 h
Modalidade: presencial
Lugar: Santiago de Compostela
Inscrición: a través deste formulario

      Descubre as últimas tendencias en agromárketing

A Fundación Juana de Vega organiza dúas xornadas de divulgación do emprendemento innovador no sector agroalimentario, nas que se porá o foco nas entidades de economía social.

Data: 14 e 15 de marzo
Horario: de 9:30 h a 17:30 h
Modalidade: presencial
Plataforma: EFA Piñeiral (Arzúa)
Inscrición: a través desta ligazón

           
           
       
  Inscríbete neste curso sobre a xestión e a dirección de cooperativas

A Asociación Sinerxías lanza este curso co obxectivo de capacitar integralmente o persoal técnico e directivo das cooperativas nos aspectos de xestión e dirección.

Data: do 15 ao 22 de marzo
Horario: de 15:15 h a 20:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: O Porriño
Inscrición: a través do número 881 243 859

      Transforma a túa idea nun proxecto cooperativo viable

EspazoCoop organiza esta formación para darlles a coñecer ás persoas mozas os aspectos que se deben analizar para facer dunha idea un proxecto cooperativo viable.

Data: do 18 de marzo ao 5 de abril
Horas: 25
Modalidade: en liña
Plataforma: Aula Virtual de EspazoCoop
Inscrición: a través deste formulario

   
   

 

Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela