Xestión e dirección de sociedades cooperativas

A Asociación de Empresas e Profesionais do Transporte de Galicia Sinerxías lanza o curso "Xestión e dirección de sociedades cooperativas" no marco da Rede Eusumo.

Data: do 15 ao 22 de marzo

Horas: 28

Horario: de 15:15 h a 20:00 h

Modalidade: presencial

Lugar: O Porriño (Polígono A Granxa)

Obxectivo: 

Capacitar integralmente ao persoal técnico e directivo das cooperativas nos aspectos da xestión e dirección das mesmas, impulsando a súa profesionalización, de xeito que contribúan ao fomento e consolidación do cooperativismo, a filosofía e os principios cooperativos nas organizacións, no camiño dun crecemento sostible das cooperativas, apostando pola mellora da súa productividade, a internacionalización e a innovación.

Persoas destinatarias:

  • Persoal xerente, técnico e mandos intermedios de cooperativas
  • Persoas en plena actividade que desexen mellorar e adquirir unha formación integral e específica para o seu traballo que lles permita desenvolver unhas técnicas de xestión e dirección de aplicación na meirante parte das cooperativas, independentemente da súa clase.

Inscricións: a través do número 881 243 859 ou do correo info@sinerxias.gal

 

Descarga o programa

 

Venres, 15 March, 2024 - 15:15 to Venres, 22 March, 2024 - 20:00

Compartir