Tendencias en agromárketing

A Fundación Juana de Vega organiza a xornada "Tendencias en agromárketing. Emprendemento e innovación en empresas de economía social no sector agroalimentario galego" no marco da Rede Eusumo.

Data: 14 e 15 de marzo

Horario: de 9:30 h a 17:30 h

Modalidade: presencial

Lugar: EFA Piñeiral (Arzúa)

Obxectivos: 

  • Contribuír ao desenvolvemento da cultura do emprendemento e das habilidades innovadoras no sector de produción e transformación de alimentos con modelos produtivos baseados na economía social que xeren no só impacto económico no medio senón tamén un impacto social e ambiental positivo no territorio.
  • Mellorar a competitividade das empresas agroalimentarias.
  • Crear sinerxías entre os centros educativos colaboradores e as empresas agroalimentarias da zona, así como entre o alumnado dos centros e o ecosistema empresarial da comarca.

Persoas destinatarias:

  • Produtores primarios locais que poden incrementar a rendibilidade da súa explotación con novas ideas de negocio vinculadas a pequenas transformacións a escala artesanal en produtos alimentarios de calidade.
  • Os propietarios ou traballadores de pemes agroalimentarias interesados en abordar novos desenvolvementos innovadores.
  • Alumnos e alumnas das escolas participantes (a gran parte deles menores de 30 anos) que poden ser futuras persoas emprendedoras, ben como remuda das explotacións familiares ou como traballadores das entidades do sector agroalimentario.

Inscricións: a través desta ligazón

Máis información: visita a web juanadevega.org

 

Descarga o programa

 

Xoves, 14 March, 2024 - 09:30 to Venres, 15 March, 2024 - 17:30

Compartir