|
Boletín Rede Eusumo Nº 132 27 / 08 / 2021
|
|
|
|
|
|
Axudas a centros especiais de emprego
Estas axudas teñen como obxecto garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade mediante subvencións a centros especiais de emprego a través de tres programa de axudas:
Programa I: axudas ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social.
Programa II: axudas para a creación de postos de traballo estables, adaptación de postos e asistencia técnica.
Programa III: axudas ao financiamento do custo salarial das persoas con discapacidade.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2021.
Podes consultar a orde premendo aquí.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Ampliación do orzamento e nova convocatoria do programa I das axudas a EIL e as súas entidades promotoras
Ampliación orzamentaria e nova convocatoria do programa destinado a financiar o custo salarial das persoas contratadas desempregadas en situación ou risco de exclusión social por parte das empresas de inserción laboral galegas, o que supón a apertura dun novo prazo co obxectivo de atender todas as solicitudes e poder beneficiar a todas as empresas de inserción laboral rexistradas en Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2021.
Podes consultar a orde premendo aquí.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Formación comercial
As persoas responsables da área comercial das cooperativas terán a oportunidade de coñecer as ferramentas e as habilidades de comercialización e así poder deseñar estratexias comerciais de alto impacto para captar clientela.
Datas: do 13 de setembro ao 3 de outubro
Modalidade: en liña, con dúas sesións virtuais o 14 e o 28 de setembro de 11:00 a 12:30 h
Inscrición: a través deste formulario
Máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|