Ampliación orzamentaria e nova convocatoria para o programa I destinado a financiar o custe salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social en empresas de inserción laboral

Publicouse no DOG a segunda convocatoria deste ano das axudas destinadas a apoiar a contratación de persoas desempregadas en situación ou en risco de exclusión social por parte das empresas de inserción laboral de Galicia.

Trátase non só dunha ampliación orzamentaria, senón dunha nova convocatoria para o programa I, o que supón a apertura dun novo prazo de solicitudes do programa destinado a financiar o custe salarial das persoas contratadas, co fin de atender todas as solicitudes e poder beneficiar a todas as empresas de inserción laboral rexistradas en Galicia.

A Consellería de Emprego e Igualdade inviste este ano nesta iniciativa 900.000 euros, un 38% máis que en 2020, tras a ampliación en 100.000 euros, o que permitirá impulsar a contratación de 100 persoas desempregadas.
A medida enmárcase na aposta da Xunta pola economía social, un eido ao que destinar no presente exercicio máis de 33 millóns de euros, cun incremento do 22% con respecto a 2020.

Prazo de presentación de solicitudesata o próximo 30 de setembro

Requisitos: a empresa de inserción laboral deberá ter como mínimo un 30% dos seus postos de traballo ocupados por persoas en situación de exclusión e as persoas en proceso de inserción laboral poderán estar contratadas un máximo de 3 anos.

O programa da Xunta prevé pagamentos anticipados de ata o 90% da axuda concedida que se destinará a financiar os custos salariais cunha contía equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional mensual (incluídas dúas pagas extras) por cada persoa traballadora contratada.

Para consultar a orde, preme aquí.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/61114/xunta-amplia-ata-900-000-euros-axudas-para-financiar-contratacion-persoas-risco

 

Xoves, 26 August, 2021 - 09:00 to Xoves, 30 September, 2021 - 09:00

Compartir