Formación comercial: Coopera, comunica e vende

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte formación:
FORMACIÓN COMERCIAL: COOPERA, COMUNICA E VENDE
Datas: do 13 de setembro ao 3 de outubro
Modalidade: en liña
Horario: Celebraranse dúas sesións virtuais de aprendizaxe os días 14 e 28 de setembro en horario de 11:00 a 12:30 horas.
Duración: 20 horas
Destinatarios: persoas das cooperativas resposables da área comercial e estean interesadas en formarse neste ámbito.
Obxectivos:
- Atender as necesidades formativas na xestión empresarial no ámbito comercial das cooperativas
- Coñecer a situación dos procedementos e sistemas de comercialización
- Divulgar de forma práctica as ferramentas e habilidades de comercialización
- Potenciar o intercambio e coñecemento mutuo de experiencias
Programa formativo:
- A proposta de valor da nosa empresa cooperativa.
- Comunicar o valor diferencial.
- Deseño de estratexias comerciais de alto impacto para captar clientela.
Inscricións:
- Gratuíta
- A través do seguinte formulario
- Máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456
Podes acceder ao cartel premendo aquí.