A Xunta resalta o papel dos CEE como dinamizadores da inclusión laboral das persoas con discapacidade

Elena Mancha, directora xeral de Relacións Laborais, participou onte na xornada Contratación pública estratéxica e análise da eficiencia dos Centros Especiais de Emprego organizada por Aedigal (Asociación Empresarial para a Discapacidade Intelectual e o Desenvolvemento de Galicia) na que puxo en valor o papel destas entidades da Economía Social como dinamizadoras da inclusión laboral e o benestar das persoas con discapacidade.

Mancha defendeu a implantación de medidas como a reserva de contratos aos Centros Especiais de Emprego (CEE) na cultura administrativa e resaltou o compromiso da Xunta de Galicia coa Economía Social e a inclusión de persoas con discapacidade no eido laboral.

Na comunidade galega, esta reserva faise dende o ano 2010 e a lexislación máis recente fixa nun 5% o importe global dos que se gardan aos CEE.

Fonte: Xunta de Galicia

 
Xoves, 6 October, 2022 - 09:00

Compartir