Xornadas de difusión da 2ª edición do PROGRAMA RESPONSABILÍZATE

Súmate á RSE e participa nas xornadas de difusión da 2ª edición do PROGRAMA RESPONSABILÍZATE!!!

Desde a Secretaría Xeral de Emprego  da Xunta de Galicia, anúnciase a celebración das Xornadas de presentación da segunda edición do proxecto RESPONSABILÍZATE en cada unha das provincias galegas. Nestas xornadas daranse a coñecer todo os aspectos claves da convocatoria para a selección de pemes e persoas traballadoras autónomas ás que se prestarán os servizos do programa Responsabilízate (2ª edición) así como os beneficios e as vantaxes competitivas que adquire a peme ao participar no Programa.

O programa Responsabilízate ten como principal obxectivo, axudar ás pemes a ser autónomas na implantación da RSE como parte do seu modelo de negocio a través do acompañamento real dun titor experto en RSE que facilite este labor.

As xornadas terán lugar nas catro provincias galegas:

  • A Coruña  27/06/2018 (Confederación de Empresarios da Coruña)

  • Vigo 28/06/2018 (Confederación de Empresarios de Pontevedra)

  • Ourense 03/07/2018 (Confederación de Empresarios de Ourense)

  • Lugo 05/07/2018 - A xornada de Lugo trasladase ao Mércores 11/07/2018 (Fundación CEL Iniciativas por Lugo)

Tratarase dunha xornada participativa e dinámica, xa que se contará coa participación de empresas participantes na primeira edición do programa que exporán as súas experiencias e actuacións en materia de RSE.

Así mesmo, entre as empresas participantes na primeira edición atópanse varias cooperativas e empresas da economía social:

  • Galega de Economía Social (A Coruña)
  • Gbodas Coop. Galega (Lugo)
  • Apetamcor (Ourense)

Para máis información pode descargalo Programa.

Para calquera consulta ou ben para proceder á inscrición, póñase en contacto a través do seguinte correo electrónico: xunta@responsabilizate.org

 

Mércores, 27 June, 2018 - 10:00 to Mércores, 11 July, 2018 - 13:30

Compartir