Xornada de peche proxecto Laces

O proxecto Laces (Laboratórios de Apoio á creación de emprego e empresas de Economia Social, financiado a través do programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, organiza o día 18 de novembro, en formato en liña, as xornadas de peche do proxecto Laces “Enlaces con Futuro na Economia Social”, onde se fará un balance das atividades e resultados acadados polos socios do proxecto en Portugal e Galicia.
O evento conta coa presencia dos convidados Ana Olveira Blanco (Espazocoop, USC), Rui Namorado (CES-U.Coimbra), Jordi Estivill (U.Barcelona), Inés Sequeira (Casa do Impacto, SCML) e Cristina Parente (U.Porto) sobre o contexto actual e perspetivas futuras da Economia Social e Inovación Social nos dous países.
As xornadas terán lugar ás 15 horas portuguesas cunha duración aproximada de 1 hora e 30 minutos e coa súa restransmisión na páxina do proxecto no Facebook Laces - Economía Social (@laceseconomiasocial) e no canal de youtube: https://www.youtube.com/channel/UC0OSF-8CiyamB77KyGVzGAQ
Programa:
Socios:
Patricia Antonio, UTAD
Anabele Goulart, TecMinho
David Rodero, USC
Francisco Araújo, InCubo
Vera, SMTirso
Higino Mougán, AGACA
Ana Olveira Blanco, Espazocoop
Covadonga Toca Cárus, Xunta da Galicia
Empresas:
Andreia Matos, SmileAcess
Eva Quiroga, Somosterra
Invitados:
Ana Olveira Blanco (Espazocoop, USC)
Rui Namorado (CES-U.Coimbra)
Jordi Estivill (U.Barcelona),
Inés Sequeira (Casa do Impacto, SCML)
Cristina Parente (U.Porto)
Momento Musical:
Banda Sinfónica Transmontana, Asociación Cultural
Este proxecto LACES contribúe ao desenvolvemento e consolidación da Economía Social na Eurorexión de Galicia e norte de Portugal, tendo como obxectivo proporcionar un salto cuantitativo na súa capacidade de xerar e consolidar emprego a través da execución do programa piloto para a competitividade e estímulo ás empresas de Economía Social no espazo transfronteirizo. Este proxecto está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no ámbito do programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.