Aberta a convocatoria da segunda edición dos premios Gemcat

O proxecto Gemcat, coa finalidade de fomentar a igualdade de oportunidades e facilitar a conciliación laboral, familiar e persoal, convoca a segunda edición dos premios transfronteirizos para o recoñecemento ás empresas cunha traxectoria destacada na implantación de políticas de conciliación e igualdade.
Obxectivo da convocatoria
Fomentar e incentivar a incorporación da igualdade de oportunidades e a conciliación da vida laboral, familiar e persoal na xestión dos recursos humanos das organizacións, así como visibilizar ás organizacións que adopten modelos de xestión que impulsen a igualdade de oportunidades e a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, e recoñecer as boas prácticas das organizacións nestas materias.
Destinatarios
Todas aquelas empresas privadas transfronteirizas (con sede no espazo transfronteirizo e/ou actividade transfronteiriza) que, a través das súas políticas e sistemas de xestión, desenvolvan actuacións responsables en materia de conciliación e igualdade laboral, demostrando o seu compromiso activo coa sociedade.
* Aquelas empresas que se presentaran á primeira edición e non resultasen premiadas poden volver a optar ao premio nesta convocatoria.
Presentación de solicitudes
É obrigatorio presentar a solicitude a través do formulario dispoñible neste enlace. Xunto con este formulario, é preciso enviar a documentación sinalada no punto 7.2 das bases reguladoras á seguinte dirección de correo electrónico: premiosgemcat@jcyl.es
O prazo para a recepción de solicitudes termina o próximo 21 de agosto de 2019.
Entrega de premios
O evento de entrega de premios terá lugar na comunidade autónoma de Castela e León, socia do proxecto GEMCAT, que se encargará da organización desta edición. Outorgará un premio por modalidade, de conciliación y de igualdade, a empresas de cada unha das comunidades autónomas e rexións conforman o proxecto GEMCAT: Galicia, Castela e León, Estremadura y Rexión Norte de Portugal.