Se es entidade colaboradora da Rede Eusumo e vas recibir axudas no 2018, consulta o Manual de información e comunicación

A Rede Eusumo pon a disposición dos seus asociados o Manual de información e comunicación, xa que todas as accións realizadas no marco das actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social que sexan susceptibles de percibir axuda, deben observar un conxunto de normas básicas para non por en risco a subvencionalidade dos gastos correspondentes.
Neste sentido os materiais de Información e Comunicación deben incluír obrigatoriamente:
- Texto relativo a que as actividades se realizan no marco da Rede Eusumo:
- Logotipo da Xunta de Galicia
- Logotipo da Rede Eusumo
- Logotipo do Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Consulta o documento completo aquí.
Xoves, 15 March, 2018 - 10:15