A Rede Eusumo convoca aos seus socios baixo o lema "Facendo máis Rede Eusumo"
A Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria convida a todas as entidades socias da Rede Eusumo a participar nun workshop de traballo orientado a mellorar a coordinación da rede e presentar a proposta dos distintos programas de apoio ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras organizacións colaboradoras da Rede Eusumo.
Este encontro suporá unha oportunidade para xerar un debate interno entre as entidades socias da Rede Eusumo, orientado a achegar propostas e suxestións que permitan mellorar a colaboración e sinerxías de traballo entre elas.
No encontro abordaranse, entre outros, os seguintes cuestións:
1. Falarase do programa de apoio ás entidades socias da Rede Eusumo
2. Os socios expoñeran as súas actividades
3. Propostas e suxestión dos socios para mellorar o funcionamento da rede