A Rede Eusumo convoca aos seus socios baixo o lema "Facendo máis Rede Eusumo"

A Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria convida a todas as entidades socias da Rede Eusumo a participar nun encontro de traballo orientado a mellorar a coordinación da rede e presentar a proposta dos distintos programas de apoio ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras organizacións colaboradoras da Rede Eusumo.
Este encontro suporá unha oportunidade para xerar un debate interno entre as entidades socias da Rede Eusumo orientado a achegar propostas e suxestións que permitan mellorar a colaboración en rede e sinerxías de traballo entre elas.
No emcontro aboradaranse, entre outros, os seguintes aspectos: itinerario do emprendedor, workshops, xestor documental, coordinación indicadores e proposta para os programas de apoio .
Para consultar o programa completo do encontro prema aquí.