Conde destaca o papel protagonista das mulleres na economía social

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou este sábado 20 de outubro no I Foro Medrando Xuntas en Santiago de Compostela.

O evento reuniu ás participantes das dúas edicións deste programa, co obxectivo de impulsar que as socias e traballadoras do sector da economía social participen máis activamente nos proceso de toma de decisión das súas entidades e de potenciar as súas capacidades directivas.

O conselleiro tamén puxo en valor o papel protagonista das mulleres na economía social, un ámbito ao que o goberno galego destina este ano 17 millóns de euros, un 6,4% máis que en 2017. O titular de economía salientou os valores deste sector, como son a solidariedade, a voluntariedade, a inclusión, o coidado do medio ambiente, a responsabilidade social empresarial, a igualdade, a cooperación e o compromiso co contorno territorial.

Deste xeito, animou a impulsar a posta en marcha deste tipo de compañías, que suman na actualidade máis de 3000 en Galicia, das que 98 se constituíron no que vai de ano. A súa vez, sinalou que se trata dun sector propicio para o emprendemento cooperativo e feminino, animando ás participantes no Foro Medrando Xuntas a seguir desenvolvendo o seu talento a través da formación.

O titular de economía resaltou que o emprendemento feminino acumula dous anos consecutivos de crecemento en Galicia. De feito, 6 de cada 10 persoas que actualmente teñen intención de poñer en marcha un negocio na comunidade galega son mulleres.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/34555/conde-destaca-papel-p...

Luns, 22 October, 2018 - 14:00

Compartir