O comisario de Agricultura da UE destaca a calidade dos produtos cooperativos galegos nun evento en Bruxelas

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) participou no V Evento Europeo de Produtos de Calidade e de Orixe, que se celebrou en Bruxelas e onde destacou a calidade dos produtos cooperativos galegos que se enmarcan no proxecto europeo AGROSMARTglobal. Un proxecto que busca apoiar ás cooperativas e pequenas e medianas empresas no proceso de internacionalización dixital intelixente.

Neste evento, no que se degustaron diferentes produtos cooperativos de Galicia, Portugal e Nouvelle-Aquitaine (Francia), Janusz Wojciechowski, comisario de Agricultura da Comisión Europea, destacou a boa calidade dos produtos galegos e animou ás cooperativas a seguir traballando así de ben. Ademais, Carmen Rodríguez, presidenta de AGACA, presentou os resultados do proxecto AGROSMARTglobal.

O proxecto AGROSMARTglobal, no que AGACA participa xunto con outras entidades de España, Francia e Portugal, ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento e a cohesión económica das zonas rurais, apoiando ás cooperativas agroalimentarias mediante a creación e consolidación de redes e servizos de apoio á internacionalización. Entre as súas actividades, conta cun programa formativo para iniciarse na internacionalización, escaparates en plataformas de comercio electrónico e un catálogo de produtos con máis de 300 referencias.

Trátase dun proxecto que ten como obxectivo impulsar a competitividade, a promoción e a expansión internacional intelixente das cooperativas agroalimentarias do espazo rural SUDOE. Esta participación no V Evento Europeo de Produtos de Calidade e de Orixe é unha mostra máis do éxito deste proxecto no seu obxectivo de apoiar a internacionalización das cooperativas agroalimentarias.

Fonte: Agaca

 

Mércores, 5 April, 2023 - 09:00

Compartir