NUMAX S. Coop. Galega asina a súa adhesión ao Código de Boas Prácticas das Sociedades Cooperativas de Galicia
A Sociedade Cooperativa NUMAX S.COOP.GALEGA asinou a súa adhesión ao Código de boas prácticas das sociedades cooperativas de Galicia, a través do cal expoñe o seu compromiso a manter un comportamento transparente, honesto e responsable por parte da cooperativa e dos seus membros no seu ámbito de actuación.
Esta asociación ao código de boas prácticas, que se realiza de forma libre e voluntaria, contribúe á reforzar a confianza nas cooperativas, ofrecéndolle vantaxe competitiva e unha mellora nos seus resultados.
Se es unha cooperativa interesada en adherirte a este código, podes comunicalo a economiasocial.emprego@xunta.gal a través do modelo incluído como Anexo no propio código de boas prácticas, que se amosa a continuación:
Código de boas prácticas das sociedades cooperativas galegas