Campaña "Mulleres na economía social"

Francisco Conde - Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, súmase á campaña Mulleres na Economía Social para amosar o seu compromiso con este sector que impulsa a igualdade e a ampla participación das mulleres. O conselleiro considera que como sociedade debemos seguir apostando por este modelo económico, centrado nas persoas, que nos permite ser máis solidarios.

Galicia está comprometida coa economía social para crear novas oportunidades de negocio en empresas que están enfocadas ás persoas e que contan cunha maior cohesión territorial e social. A nova Estratexia galega de economía social busca contribuír á consecución deste obxectivo, sumando capacidades, sustentabilidade e identidade. Por unha Galicia máis igualitaria.

Visualiza o vídeo premendo na seguinte imaxe.

É posible seguir esta iniciativa a través das redes sociais e a web de Eusumo, baixo o hashtag #MulleresNaEconomíaSocial

 

Rosa Gutiérrez Mougán

Rosa Gutiérrez é directora de negocio en Galega de Economía Social (GES), unha xestora de centros especiais de emprego.

GES é a matriz dun grupo de empresas de economía social participado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) nun 86,14% e XesGalicia, nun 13,86%. Á súa vez forma parte de CEGASAL, Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social.

Visualiza o vídeo premendo na seguinte imaxe.

Os centros especiais de emprego (CEE) forman parte da economía social e teñen a finalidade de facilitarlles ás persoas con capacidades diferentes a inserción no réxime de traballo xeral, de maneira que lles aseguran un emprego remunerado á vez que lles prestan os servizos de axuste persoal e social necesarios.

O labor dos CEE é fundamental para facilitar a empregabilidade das persoas con capacidades diferentes e os datos confirman que as persoas asalariadas pertencentes a este colectivo en Galicia incrementáronse nun 82% nos últimos 4 anos e, no caso concreto das mulleres, nun 112%.

É posible seguir esta iniciativa a través das redes sociais e a web de Eusumo, baixo o hashtag #MulleresNaEconomíaSocial

 

Jessica Rey

Jessica Rey é a responsable do departamento de Marketing en Casa Grande de Xanceda  unha sociedade agraria de transformación.

Casa Grande de Xanceda é unha produtora de lácteos e iogures ecolóxicos. No ano 2016 gañou o Premio RSE Xunta de Galicia no ámbito social, pola formación continua, a búsqueda de igualdade de oportunidades e os programas de emprendemento para loitar contra a despoboación do rural galego.

Visualiza o vídeo premendo na seguinte imaxe.

As sociedades agrarias de transformación son sociedades civís que teñen como finalidade a produción, transformación e comercialización de produtos agrícolas, gandeiros ou forestais, realización de melloras no medio rural, promoción e desenvolvemento agrario e prestación de servizos comúns que sirvan a aquela finalidade.

Os datos amósannos que o 43% das persoas que traballan no sector agrogandeiro e forestal en Galicia son mulleres. O momento no que nos atopamos é óptimo para reflexionar sobre os avances acadados, para festexar a valentía e determinación das mulleres, que xogan un papel clave nas súas comunidades.

É posible seguir esta iniciativa a través das redes sociais e a web de Eusumo, baixo o hashtag #MulleresNaEconomíaSocial

 

María Caldeiro López 

María Caldeiro é xerente da fundación Fundamar, a Fundación para a Pesca e o Marisqueo, unha entidade cuxo patronato está formado pola patronal Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) e os sindicatos UGT e CCOO, que conforman a maioría da representación no ámbito social e económico da pesca marítima e o marisqueo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Visualiza o vídeo premendo na seguinte imaxe.

Fundamar ten como fin:

  • Promover o desenvolvemento sostible do sector marítimo-pesqueiro
  • Facilitar e promover as condicións de acceso igualitario ao emprego
  • Fomentar a cultura preventiva como factor de competitividade para o sector e  mellora na calidade de vida dos e das profesionais do sector
  • Impulsar a innovación, o desenvolvemento e a investigación científica
  • Promover a colaboración con organizacións de carácter nacional ou supranacional

As fundacións son organizacións constituídas sen ánimo de lucro que, por vontade das persoas fundadoras, teñen comprometido o seu patrimonio á realización de fins de interese xeral de maneira duradeira.

No mar, as mulleres son as artesás das costas: o 87% das redeiras, o 64% das mariscadoras a pé e o 100% de empacadoras son mulleres. O seu traballo favorece a conservación da biodiversidade e a mellora da vida nas comunidades pesqueiras. Os datos proceden do Diagnóstico sobre a situación da muller no sector pesqueiro e acuícola (Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, revisión 2017).

É posible seguir esta iniciativa a través das redes sociais e a web de Eusumo, baixo o hashtag #MulleresNaEconomíaSocial

 

Sonia González Somoza

Sonia González é a directora de Persoas e Responsabilidade Social en Clun, unha cooperativa que nace da integración de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto con vocación de ser referente no sector agrogandeiro galego.

A través de Clun, Sonia participa no Grupo de Representación Empresarial Galego de RSE. A Xunta de Galicia, organismo pioneiro a nivel nacional na aposta pola Responsabilidade Social Empresarial, creou no ano 2012 o Grupo de Representación Empresarial Galego en materia de RSE, co fin de comunicar e sentar as bases de como facer RSE en Galicia.

Visualiza o vídeo premendo na seguinte imaxe.

As cooperativas son asociacións de persoas que se unen de forma voluntaria para a realización de actividades económicas e sociais de interese común mediante unha empresa de propiedade conxunta e de xestión democrática.

Nas cooperativas agroalimentarias de Galicia, as mulleres ocupan o 13,26% dos cargos en consellos reitores, o 30% das xerencias, mais tan só o 2% das presidencias. En relación coas persoas contratadas, as mulleres só supuxeron un 35% fronte ao 65% de varóns. Se analizamos a asistencia ás asembleas segundo o xénero obsérvase que por termo medio asisten máis homes (70,5%) que mulleres (29,5%). Estes e máis datos pódense consultar no XVIII Informe sobre a xestión e o estado do cooperativismo agrario en Galicia (AGACA, 2015).

É posible seguir esta iniciativa a través das redes sociais e a web de Eusumo, baixo o hashtag #MulleresNaEconomíaSocial

 

Raquel Sedes Dopico

Raquel Sedes é a responsable de Recursos Humanos, Calidade, Medio Ambiente e Responsabilidade Social Empresarial de Metal Ferrol, unha sociedade laboral. Esta entidade é un gran exemplo de xestión que foi galardoada no ano 2015 e 2016 pola súa responsabilidade social nos premios RSE da Xunta de Galicia.

Raquel destaca que na sociedade laboral priman as persoas, o coidado da contorna e o fin social. Tamén comparten a idea de estar vinculados ao desenvolvemento local, contribuíndo polo tanto a manter a cohesión social. Metal Ferrol é un exemplo, xa que trata de xerar emprego estable e de calidade na súa área de influencia.

Visualiza o vídeo premendo na seguinte imaxe.

As sociedades laborais son sociedades de natureza mercantil, anónimas ou de responsabilidade limitada, que contan cun capital social pertencente de xeito maioritario ás súas persoas socias traballadoras.

No 2018, contabilizáronse un total de 1.561 sociedades laborais en Galicia. Das 142 persoas que constituíron unha sociedade laboral nese ano, o 40,8% foron mulleres.

É posible seguir esta iniciativa a través das redes sociais e a web de Eusumo, baixo o hashtag #MulleresNaEconomíaSocial

 

As mulleres na economía social

Baixo este nome enmárcase a campaña da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Economía social no 8 de marzo

O 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller. Un bo momento para reflexionar sobre os avances acadados. Para celebrar a valentía e determinación de mulleres que xogan un papel clave nas súas comunidades. Mais tamén analizar os retos que quedan por conseguir.

A Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, súmase aos actos de conmemoración deste 8 de marzo impulsados pola Xunta de Galicia. Con esta acción preténdese visibilizar o papel da muller dentro da economía social, ao mesmo tempo que se continúa a difundir o coñecemento sobre as vantaxes do modelo de empresa de economía social.

Campaña "As mulleres na economía social".

O elemento central desta campaña é este video. Animaros a velo facendo click na seguinte imaxe.

Nel amosanse os avances das mulleres no eido da economía social, así como a necesidade de continuar avanzando cara a unha igualdade real. Unha igualdade que promova máis coñecemento, máis benestar, máis participación, que potencie valores solidarios, relacións baseadas na cooperación, respecto mutuo e corresponsabilidade.

Uns versos extraídos do poema “Follatos”, da poeta Filomena Dato Muruais (1859-1926), recórdannos que xa no século XIX se alzaban voces en defensa do talento das mulleres, e serven como vínculo para poñer en valor o papel da muller na economía social.

Nesta campaña interveñen Raquel Sedes, responsable de RRHH, Calidade, Medio Ambiente e RSE de Metal Ferrol SAL.; María Caldeiro, xerente de Fundamar; Sonia González, directora de Persoas e RSC en CLUN; Rosa Gutiérrez, directora de negocio de Galega de Economía Social; e Jessica Rey, responsable de Márketing en Casa Grande de Xanceda. Por último, Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, pecha o vídeo ensalzando a importancia da muller en Galicia e, en especial, na economía social.

É posible seguir esta iniciativa a través das redes sociais e a web de Eusumo, baixo o hashtag #MulleresNaEconomíaSocial

 

Venres, 8 March, 2019 - 10:00

Compartir