A ministra Yolanda Díaz presentou en Santiago de Compostela o Manifesto da Economía Social

O acto tivo lugar en Santiago de Compostela, capital española da Economía Social 2022, o pasado 6 de xuño.
O evento foi inaugurado polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira da Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, Maria Jesús Lorenzana.
Este manifesto conmemora o 10º aniversario da aprobación da Lei 5/2011, de 29 de marzo, de Economía Social.
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, remarcaba que España está á vangarda da economía social a nivel internacional e recordou a riqueza normativa que posúe o noso país para regular este modelo empresarial, coa Lei de Economía Social, a Lei de Empresas de Inserción e a Lei de Cooperativas.
No acto tamén formouse unha mesa de diálogo na que participaron a directora xeral de Traballo Autónomo, Economía Social e RSE do Ministerio de Traballo e Economía Social, Maravillas Espín; o presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño; a secretaria xeral de apoio ao Emprego, Traballo Autónomo o Economía Social da Xunta de Galicia, Covadonga Toca; e o presidente polo Foro da Economía Social Galega (FOROESGAL), Celso Gándara.
Pedreño aproveitou para recordar que España é o único país europeo que conta cun Plan Estratéxico Nacional de Economía Social, un PERTE específico para o sector e un Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social cofinanciado polo FSE (POISES). O PERTE de Economía Social e dos Coidados foi aprobado o pasado 31 de maio en Consello de Ministros, cunha inversión de 808 millóns de euros entre 2022 e 2026 e con la participación de 13 ministerios.
Durante o acto rendeuse homenaxe tamén a dúas figuras de relevancia para a economía social galega: o presidente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) durante o período 2013-2021, José Montes, e o presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (CEGASAL), José Antonio Vázquez.
Por último, a vicepresidenta Díaz aproveitou a ocasión da súa visita a Santiago para desprazarse ata as instalacións das Cooperativas Lácteas Unidas (Clun), onde conversou con mulleres que dirixen explotacións gandeiras e que representan á cooperativa agroalimentaria. A ministra destacou a Clun como un modelo de empresa que xera desenvolvemento territorial e traballo digno para as persoas que se adican á agricultura e a gandeiría, sendo actualmente 3.500 persoas socias.