IV PREMIO CEGASAL DE XORNALISMO EN ECONOMÍA SOCIAL E EMPREGO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Mañá, 2 de xullo, ás 12:30 horas a Asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro, en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, convoca o acto de entrega do cuarto premio CEGASAL de xornalismo, cun triplo obxectivo dar visibilidade ás persoas con discapacidade, mostrar as dificultades que encontran para optar ao mercado laboral e dar a coñecer o traballo que realizan neste terreo os centros especiais de emprego que conforman Cegasal.
Entre os premiados están:
- Na categoría de Administración autonómica a Dirección Xeral Maiores
- Na categoría de Administración local o Concello de Carballo
- Na categoría de empresas a Jealsa
Así mesmo, nesta ocasión o galardón ao funcionario/profesional máis involucrado coa economía social no último ano recae no concelleiro de Santiago José Javier Fernández, o Premio periodístico outorgase a Xaime Calviño do xornal La Opinión de A Coruña pola súa reportaxe sobre o traballo dun grupo de persoas con enfermidades mentais en Hornos Lamastelle e por último, entregarase o premio especial Cegasal de Xornalismo para Santiago Riveiro polo seu apoio ao longo dos anos ás iniciativas vencelladas á economía social.
Para máis información: 981 574 698 / info@cegasal.com