A información do cooperativismo e a economía social en Galicia a un clic

A Agrupación Estratéxica ECOBAS, unidade de investigación e innovación integrada por profesionais das tres universidades galegas e con sede na Universidade de Vigo, crea a ferramenta SAVES, que recompila a información dispoñible sobre o cooperativismo e a economía social galega mostrando a situación e a evolución desta fórmula de autoemprego así como o perfil económico-financeiro das cooperativas galegas. 

Tanto o público en xeral como investigadores, administracións e o sector cooperativo poderán empregar SAVES para obter informes sobre distintas características do cooperativismo en Galicia. Neste momento está dispoñible a presentación xeral da ferramenta e o primeiro dos informes previstos, que se completarán con outros tres en marzo, xuño e setembro, respectivamente.   

Pode accederse á ferramenta premendo aquí para consultar información de interese neste ámbito.

Para máis información sobre o proxecto fai clic aquí.  

 

 

 

Mércores, 23 December, 2020 - 18:00

Compartir