Degustación de produtos agroalimentarios de entidades de economía social en Salimat 2019

Do 6 ao 9 de xuño celébrase en Silleda a 23º edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2019.

Salimat aposta por ofrecer ao sector as mellores ferramentas para xerar oportunidades comerciais. Desde pequenos produtores ata a gran distribución, Salimat conforma un escaparate de produtos artesáns, gourmet, ecolóxicos e innovadores.

O Salón de Alimentación do Atlántico contará cunha área expositiva con gran presenza de alimentos diferenciados, constituíndo o mellor espazo para que as empresas testen os seus produtos. Entre os diferentes expositores haberá unha ampla oferta de produtos da economía social da man de numerosas cooperativas galegas.

Se queres consultar o cartel con todas as degustacións preme aquí.

Para coñecer toda a información sobre os produtos e expositores de economía social de Galicia que estarán presentes no evento preme aquí.

 

Xoves, 6 June, 2019 - 09:30 to Domingo, 9 June, 2019 - 09:30

Compartir