Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito entre estudantes de secundaria

A cooperativa Milhulloa recibiu o pasado mércores a un grupo de 60 escolares de quinto e sexto de primaria que viaxaron ata Palas de Rei, onde se atopa a cooperativa, dedicada á produción de especias, herbas medicinais e ingredientes para cosmética.

O alumnado de terceiro ciclo de primaria do colexio Paradai (Vilalba) participou esta pasada semana en dous obradoiros de “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito” na cooperativa Milhulloa. O obxectivo é dar a coñecer o cooperativismo entre o alumnado para que o teñan en consideración ao finalizar os seus estudos. Para iso, persoal de Milhulloa guiounos polas instalacións da cooperativa e explicoulles o proceso de cultivo, de preparación, de secado e de envasado das súas especias e herbas medicinais e a elaboración de cosméticos, así como as distintas fases que pasou a cooperativa no seu camiño cara a constituírse como un negocio rendible.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza esta actividade que se celebra no marco da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social. O pasado curso participaron nestes obradoiros máis de 900 estudantes.

 

Mércores, 18 September, 2019 - 09:00

Compartir