Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito

A Fundación Terra de Trasancos acolleu onte a estudantes do IES Monte Neme de Carballo. Esta actividade está dentro do obradoiro “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, enmarcado dentro do programa da Rede Eusumo para impulsar o cooperativismo e a economía social.
Esta iniciativa busca mostrar as vantaxes do cooperativismo e a economía social como modelos de negocio que poden desenvolverse con éxito no medio rural e en multitude de sectores produtivos e de servizos.
Un grupo de estudantes de Formación Profesional do instituto carballés Monte Neme asistiron a unha charla na Fundación Fundación Terra de Trasancos para coñecer como desenvolve a súa actividade baixo o modelo da economía social. O alumnado percorreu as instalacións, que contan con invernadoiros, supermercado e perruquería.
Esta actividade enmárcase na Programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.