Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito

A cooperativa Milhulloa recibiu hoxe a estudantes do IES Sanxillao de Lugo. Esta actividade está dentro do obradoiro “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, enmarcado dentro do programa da Rede Eusumo para impulsar o cooperativismo e a economía social.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza esta actividade, que se celebra no marco da Rede Eusumo. O pasado curso participaron nestes obradoiros máis de 900 estudantes.

O obxectivo desta xornada é dar a coñecer o cooperativismo entre o estudantado, para que o teñan en consideración ao finalizar os seus estudos. Para iso, persoal de Milhulloa guiounos polas instalacións da cooperativa e explicoulles o proceso de cultivo, de preparación, de secado e de envasado das súas especias e herbas medicinais e a elaboración de cosméticos, así como as distintas fases que pasou a cooperativa no seu camiño cara a constituírse como un negocio rendible.

 

Mércores, 24 April, 2019 - 18:45

Compartir