A cooperativa A MeixoEira foi galardoada cunha medalla de prata por unha das súas elaboracións artesanais

Na pasada edición do certame World Cheese Awards presentáronse cerca de 3.500 queixos de 41 países e dez firmas galegas conseguiron distincións; entre elas, A MeixoEira S. Coop. Galega recibiu a medalla de prata por unha das catro variedades de queixo que elabora, o seu queixo de cabra curado.
Esta entidade afincada en Moaña, naceu coma unha explotación agrícola que co tempo derivou nunha queixería caprina, sen embargo, fai cousa dun ano, esta entidade de economía social centrouse na elaboración de queixos dos cales a día de hoxe comercializa con catro variedades distintas, todas elaboradas con leite cru de cabra.
Para a fabricación dos seus produtos teñen ao redor dun centenar de cabras e transforman o leite segundo a demanda e unha gran parte da produción véndena eles mesmos ao cliente final nun almacén no centro de Moaña que serve tamén como lugar de entrega de pedidos que se poden xestionar por teléfono. Ademais, teñen punto de venda fixo no mercado de Moaña ao que acoden mércores e sábados e fan envíos a todo o territorio nacional segundo demanda.
En referencia a participación no certame World Cheese Awards teñen claro que volverán a por máis galardóns este ano. Na súa estrea soamente presentaron unha das súas variedades por unha mestura de precaución e descoñecemento.
Na seguinte ligazón poderás acceder á noticia publicada por "La Voz de Galicia"