Bolsas de apoio á mellora en cooperativas e entidades de economía social
A Unión de Cooperativas EspazoCoop abre a convocatoria de Bolsas de Apoio á Mellora en cooperativas e entidades de economía social.
Convócanse 7 bolsas que darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa ou entidade de economía social durante 4 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora. As bolsas están vinculadas a un Programa Formativo.
Durante a estadía en prácticas se analiza, deseña, planifica, e desenvolven accións de mellora na xestión da cooperativa ou organización de economía social.
Localidades das bolsas: Redondela, Ourense, Ames, A Coruña e Santiago de Compostela.
Prazo para solicitar a bolsa: ata o 03 de marzo de 2019.
Destinatarios: persoas desempregadas con estudios na área empresarial.
As persoas interesadas deberán :
1) Cumprimentar o formulario electrónico de datos neste formulario de inscrición.
2) Enviar o seu currículo á Unión de Cooperativas EspazoCoop ao correo electrónico: roberto@espazo.coop
Para coñecer as condicións da bolsa prema aquí.
Para visualizar o cartel prema aquí.
Teléfono e mail de consulta e información: 986866149 en horario de 9:00 a 14.00 horas de luns a venres ou roberto@espazo.coop