|
|
|
Culturgal 2021
Este ano o Culturgal celebrarase do 26 ao 28 de novembro de 2021 no Pazo da Cultura de Pontevedra baixo o lema "A cultura que toca". O venres 26 de novembro será unha xornada orientada aos profesionais do sector e os días 27 e 28 abrirase ao público en xeral.
As entidades interesadas en presentar os seus espectáculos, produtos ou servizos están convidadas a facelo a través da web https://www.culturgal.com/
A reserva do espazo feiral está aberta para empresas, entidades e artistas, así como a convocatoria para participar na programación ata o 15 de setembro.
Para a reserva e contratación da caseta é preciso escribir a stands@culturgal.com.
Ver máis
|
|
|
|
Entrevista a Roi e Usoa da panadería artesanal Ernes
En Ernes, unha pequena aldea do concello de Negueira de Muñiz é onde Usoa Areitio e Roi Agulla asentaron o seu negocio, unha panadería artesanal.
Entre as súas especialidades, catro días á semana, cocen un produto feito a base de materias primas ecolóxicas, cariño e investigación. Cada pan ten máis de 36 horas de traballo, xa que non só fan pan, afondan na historia e buscan un produto que lles satisfaga a eles e tamén aos seus clientes.
Ver máis
|
|
|
|
Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais en Cotobade
O obxectivo desta xornada é impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das comunidades de montes veciñais, espertar o interese dos propietarios de terras e da xente nova desempregada da contorna interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo e divulgar a fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento.
Data: do 27 de setembro ao 1 de outubro
Horario: de 16:00 a 19:00 horas
Modalidade: presencial, na Casa do Pobo de San Xurxo de Sacos, Barbeitos n.º 6, Cerdeo-Cotobade (Pontevedra)
Inscrición: no 981584783 ou en agaca@agaca.com
Máis información: www.agaca.coop
Ver máis
|