Roi e Usoa cambiaron Madrid por Negueira de Muñiz, onde puxeron en marcha unha panadería artesanal
En Ernes, unha pequena aldea do concello de Negueira de Muñiz é o lugar recóndito onde Usoa Areitio e Roi Agulla bautizaron o seu negocio, unha panadería artesanal ubicada nun dos lugares mais remotos da comunidade.
Fai case sete anos que emprenderon esta aventura que nada tiña que ver coa súa vida anterior en Madrid.
Comentan que o seu desencanto laboral, o embarazo do seu primeiro fillo, a dificultade para conciliar foi o que lles levou a crear un negocio con base social. Decidiron primeiro probar na Coruña montando unha cafetería-ciclista con produtos de calidade e ecolóxicos e viron que podía ser o seu sustento vital.
Gracias a amigos que tiñan proxectos no rural e co problema de encontrar local en Coruña, deron o salto á aldea.
No 2014 Roi participou nun encontro da rede «O rural quere xente» en Negueira, e así foi como coñeceu Ernes e se adentraron na aventura da súa vida.
Cando se asentaron en Ernes, un grupo de veciños tiña un proxecto colaborativo de pan para autoconsumo e venda de excedentes e se sumaron durante varios anos.
Cando este desintegrouse, eles tomaron o relevo e comezaron a fornear de maneira mais regular e a levar o seu produto ao mercado de Ribadeo e a clientes da costa.
Agora, catro días á semana cocen un produto feito a base de materias primas ecolóxicas, cariño e investigación. Cada pan ten máis de 36 horas de traballo, xa que non só fan pan, adéntranse na historia e buscan un produto que lles satisfaga a eles e tamén aos seus clientes.