|
|
|
Entrevistamos a Kracia
Cooperativa formada por cinco especialistas en identidade de marca e márketing de contidos que xorde a raíz dun concurso realizado por Paideia e no que foron uns dos galardoados.
Defínense como o nexo dixital entre os seus clientes e os seus negocios, a quen dotan dos mellores medios e ferramentas para a súa inclusión no mundo en liña ante a súa incerteza dixital. En definitiva, encárganse de converter os seus negocios en marcas con vida e movemento, sempre a través da imaxe e o audio.
|
|
|
|
Subvención destinada a financiar a contratación por parte das entidades sen ánimo de lucro de mulleres que sofren violencia de xénero
Estas subvencións están destinadas ao fomento da contratación, por parte de entidades sen ánimo de lucro con sede en Galicia, de mulleres que sofren violencia de xénero, ata un máximo de 12 mensualidades. O obxectivo é mellorar e facilitar a súa inserción no mercado laboral e apoiar, desta forma, a súa recuperación e integración social e laboral.
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 1 de agosto de 2022.
Para máis información podes visualizar o DOG n.º 125 do 1 de xullo de 2022.
|
|
|
|
Oportunidades de negocio no medio rural
Esta actividade formativa ten como obxectivos animar o alumnado a emprender e, ademais, facelo no medio rural.
Nos diferentes días do curso formativo, falarase sobre a xeración e maduración dunha idea de proxecto emprendedor no rural, da elaboración do plan emprendedor, da fórmula cooperativa como modelo de emprendemento e das 12 oportunidades de negocio que existen para o emprendemento no medio rural.
Datas: 14,19, 21, 26 e 28 de xullo
Horario: de 10:00 a 13:00 h
Modalidade: formación en liña a través da aula virtual
Inscrición: a través desta ligazón
Ver máis
|