Obradoiro: Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio

Agaca, a través da Rede Eusumo, organiza un novo obradoiro:

EMPRENDEMENTO COOPERATIVO NO MEDIO RURAL: OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
 

Datas: 14,19, 21, 26 e 28 de xullo

Horario: de 10:00 a 13:00 horas

Modalidade: en liña a través da aula virtual

Obxectivos:

  • Comprender o concepto de empresa cooperativa e da persoa emprendedora e valorar o seu papel como axente xerador de riqueza e motor económico no ámbito rural.
  • Valorar a importancia do asociacionismo como fonte de dinamización social, e como un medio de sumar esforzos e compartir ideais.
  • Coñecer algunhas das oportunidades de negocio que existen no medio rural e ter acceso a contactos para desenvolver proxectos novidosos.
  • Definir os aspectos xerais e os elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no medio rural.
  • Coñecer os apoios que poden prestar as cooperativas a xuventude con proxectos de emprendemento no medio rural.

Programa:

  1. Xoves 14 de xullo: Por que emprender?
  2. Martes 19 de xullo: Xeración e maduración de ideas para un proxecto emprendedor no medio rural
  3. Xoves 21 de xullo: Elaboración do plan emprendedor
  4. Martes 26 de xullo: A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento
  5. Xoves 28 de xullo: 12 oportunidades de negocio para o emprendemento no medio rural

Inscrición:

- Gratuíta
- A través deste formulario de inscrición
- Para mais info: www.agaca.coop / 981 584 783 / agaca@agaca.coop

Se queres coñecer o programa formativo en detalle preme aquí.

 

Xoves, 14 July, 2022 - 10:00 to Xoves, 28 July, 2022 - 13:00

Compartir