|
Boletín Rede Eusumo Nº 126 15 / 07/ 2021
|
|
|
|
|
|
A economía social supón o 7 % do PIB galego
O Foro económico de Galicia presentou o pasado 23 de xuño o informe A economía social como modelo de desenvolvemento para Galicia.
Nesta presentación, tratouse a necesidade de pór en valor a importancia da economía social en Galicia, non só para mitigar os efectos económicos e sociais que provocou a crise sanitaria da COVID-19, senón tamén polo papel clave que teñen as cooperativas para garantir a sustentabilidade social, económica e medioambiental do medio rural galego.
Por este motivo, os relatores insistiron no apoderamento da economía social e a súa visibilidade para a sociedade, así como o recoñecemento das oportunidades de mellora xeradas por este tipo de actividade.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Obradoiro: Apoderamento de mulleres socias de cooperativas
Neste obradoiro, búscase impulsar proxectos relacionados co apoderamento e a presenza da muller nos órganos directivos das cooperativas, formar a mulleres socias en novas actividades produtivas mediante exemplos de éxito e impulsar o emprendemento a través do uso de recursos agrarios ociosos, tendo sempre a cooperativa como como base da mellora.
Datas e horario:
- O 19, 20, 26 de xullo de 15:00 a 18:00 horas
- O 29 de xullo de 11:00 a 20:00 horas
Modalidade: en liña a través da aula virtual
Inscrición: a través desta ligazón
Máis información: agaca@agaca.coop / 981 584 783
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Pílula formativa: Economía e finanzas
Nesta sesión virtual de aprendizaxe, destinada a cooperativas beneficiarias do programa #Saimoscooperando e socias e persoal doutras cooperativas, facilitarase formación nos ámbitos comercial, económico-financeiro, planeamento e previsións, novas ferramentas e recursos, ademais de tratar ferramentas específicas de xestión, de autodiagnose ou teletraballo para adaptarse á realidade virtual.
Datas: do 26 de xullo ao 1 de agosto
Modalidade: en liña a través desta plataforma de teleformación
Inscrición: a través desta ligazón
Máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|
|
|
|
|
|
|
|