|
|
|
Relación de premiados no Certame cooperativismo no ensino 2021
Nesta convocatoria presentáronse un total de 59 centros educativos, dos cales seis foron galardoados polo mellor traballo e otros seis co accésit, nestas distintas modalidades:
- Actividades artísticas
- Actividades cooperativizadas, e
- Proxectos empresariais cooperativos.
A entrega dos galardóns ao alumnado de infantil, primaria, secundaria e educación especial farase nun acto previsto para os días 15 e 16 de xuño no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
No caso dos galardóns para os centros de Formación Profesional e ensinanzas de réxime especial, a entrega realizarase o Día Internacional do Cooperativismo, que terá lugar o 3 de xullo.
Ver máis
|
|
|
|
Contornos de traballo colaborativos e repercusión na empresa social
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza esta actividade formativa co obxectivo de achegar coñecementos e claves efectivas para a adecuada xestión empresarial dentro da economía social e tamén desde a perspectiva da dixitalización empresarial, o que favorece a colaboración entre os seus integrantes.
Datas: do 15 ao 17 de xuño
Horario: de 09:00 a 14:00 horas
Modalidade: presencial
Lugar: na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, Viveiro de empresas, República Checa 40, Polígono de Costa Vella, Santiago de Compostela.
Inscrición: a través desta ligazón
Ver máis
|
|
|
|
Obradoiro: Apoderamento de mulleres socias de cooperativas
Con esta formación preténdese impulsar proxectos relacionados co apoderamento e a presenza da muller nos órganos directivos das cooperativas, impulsar o seu apoderamento e autoestima e formar a mulleres socias en novas actividades produtivas mediante exemplos de éxito, entre outras cuestións.
Data: 16, 23 e 30 de xuño
Horario: de 16:00 a 21:00 horas
Modalidade: en liña a través da plataforma virtual
Inscrición: a través desta ligazón
Información: www.agaca.coop / agaca@agaca.coop / 981 584 7 83
Ver máis
|