ENTORNOS DE TRABALLO COLABORATIVOS E REPERCUSIÓN NA EMPRESA SOCIAL

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, como entidade integrante da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:

ENTORNOS DE TRABALLO COLABORATIVOS E REPERCUSIÓN NA EMPRESA SOCIAL
 

Datas: do 15 ao 17 de xuño

Horario: 09:00 - 14:00 h

Modalidade: presencial

Lugar: na Cámara de Comercio de Santiago, Viveiro de empresas, República Checa, 40, Polígono de Costa Vella, Santiago de Compostela

Duración: 15 horas

Destinatarios: Xestor@s cooperativistas, empresarios individuais e mandos intermedios e emprendedor@s.

Obxectivo: Achegar coñecementos e claves efectivas para a adecuada xestión empresarial dentro da economía social e tamén dende a perspectiva da dixitalización empresarial, a cal permite que a colaboración se extenda en múltiples aspectos.

Contido formativo:

  • Economía colaborativa: Definición da mesma, características, principios e valores asociados ás empresas cooperativistas, sociedades laborais, empresas de inserción laboral, etc.
  • Estratexia empresarial e mellora continua: Incídese na proposta de valor da organización e conceptos como a misión ou visión que tratan de respostar a cuestións como: a onde? Como? Por que? Ademais se estudará a filosofía Lean ou de mellora continua.
  • Dixitalización empresarial: Inherente a mellora continua, na actualidade falase da transformación de procesos de traballo como consecuencia da dixitalización da economía. Profundizaranse coñecementos de novas tecnoloxías: fintech´s, experiencia do usuario, big data, etc.
  • Ferramentas TIC para o traballo colaborativo: Cerrando o proceso cabe entrar en acción co estudo e uso de diferentes ferramentas que fomentan o espazo colaborativo tanto in situ como a distancia.
Inscricións:

 

Martes, 15 June, 2021 - 09:00 to Xoves, 17 June, 2021 - 14:00

Compartir