Almorzos saudables e xogos cooperativos para escolares de Noia

Estudantes 4º de primaria do colexio CEIP Felipe de Castro aprenderon esta mañá sobre nutrición e cooperativismo coa actividade “Almorzos Cooperativos”, iniciativa organizada por Agaca no marco da Rede Eusumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Covadonga Toca, secretaria Xeral de Emprego, e José Montes, presidente de AGACA, acudiron á xornada e convsersaron co alumnado acerca das actividades realizadas.
Esta actividade “Almorzos Cooperativos” ten como obxectivos promover a alimentación sá, manter a boa saúde e enfatizar o rol das cooperativas na produción de alimentos. A nutricionista María Fernández explicou as propiedades nutricionais de varios alimentos e como combinalos en almorzos equilibrados; como exemplo, nenos e nenas degustaron un almorzó con froita, pan con aceite e leite.
O concepto de coperativismo explicouse mediante tres xogos deseñados para promover a axuda e a colaboración entre participantes. Para reforzar o aprendido repartiuse material didáctico sobre produción alimentaria e nutrición.
Por outra parte, AGACA e a Rede Eusumo poñen en marcha un concurso de microrrelatos dirixido a escolares de segundo ciclo de primaria, co obxectivo de fomentar a escritura e impulsar o interese polo cooperativismo e pola produción de alimentos, a agricultura e o medio rural.
Os centros educativos públicos de Galicia interesados en participar poden consultar as bases en www.agaca.coop ou chamando ao 981 584 783.