Aberto o prazo de inscrición para participar no Pont - Up Store 2022

A Consellería de Emprego e Igualdade colaborará como nos anos pasados no PontUp Store, que terá lugar os días 23 e 24 de setembro na praza de España de Pontevedra.
Se tes un novo emprendemento con menos de 3,5 anos (42 meses) dende a creación da empresa e estás interesado en participar nesta 9ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE, xa podes presentar a túa candidatura e participar de forma gratuíta.
O Pont-Up Store é unha iniciativa liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, froito da cooperación de máis de 50 entidades públicas e privadas que durante estes anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra durante tres días na capital galega das mellores iniciativas empresariais.
Este ano seguirá habendo as mesmas 3 modalidades de participación gratuítas:
- DISPOÑER DUN STAND SEN CUSTE durante dous días (nun dos 35 stands gratuítos dispoñibles).
- PROPOÑER ACTIVIDADES DEMOSTRATIVAS para o programa.
- PARTICIPAR NO ‘PONT-UP EXPRÉS’ onde terás a oportunidade de presentar o teu emprendemento a importantes empresas e entidades.
As candidaturas poderán presentarse a unha ou varias modalidades desde o 3 de xuño ata o 6 de xullo a través da web https://pontupstore.com/?lang=es, e facéndose pública a decisión do comité organizador o 26 de xullo.