4 de xuño: Día europeo das empresas de economía social

O vindeiro luns 4 de xuño celébrase a terceira edición do Día Europeo das Empresas de Economía Social, organizado polo Comité Europeo Económico e Social.
A organización desta xornada ten un dobre obxectivo. Por unha parte, revisar os progresos acadados no ámbito das empresas de Economía Social e, por outra, debatir sobre os seguintes pasos que se deben dar para consolidar o modelo empresarial desde tipo de entidades.
Esta xornada supón unha gran oportunidade para poñer en común as iniciativas de diferentes actores do sector para acadar un cambio sistémico a nivel europeo.
Ese día, o Foro pola Economía Social de Galicia organiza a xornada de formación sobre a Nova Lei de Contratación Pública na USC.
Luns, 4 June, 2018 - 10:00 to 20:00