Programa Medrando Xuntas 2023 | Directivas
A Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social pon de novo en marcha o programa formativo gratuíto Medrando Xuntas, para fomentar o talento feminino nas entidades de economía social. O programa conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras.
Medrando Xuntas Directivas está dirixido a mulleres que ocupen na actualidade un cargo de responsabilidade en entidades de economía social (equiparable a niveis directivos e predirectivos ou mandos intermedios), así como aquelas que exerzan a representación nalgún órgano de gobernos destas entidades.
O obxectivo xeral deste programa é ofrecer unha formación integral desde a perspectiva de xénero, co fin de potenciar as capacidades directivas das mulleres participantes como factor clave no seu posterior desenvolvemento profesional.
O progarma de Directivas ofrece unha formación de 60 horas de duración que se levarán a cabo entre marzo e xuño de 2023, nas seguintes datas:
A formación realizarase en modalidade en liña a través da plataforma Zoom, esceptuando as datas marcadas cun *, que se levará a cabo en modalidade presencial na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.
Os contidos do programa estruturaranse da seguinte forma:
Bloque 1. Xestión das organizacións de economía social
1.1. Xestión de proxectos de economía social
1.2. Responsabilidade social
1.3. Innovación nos modelos de negocio
1.4. Estratexia comercial e márketing
1.5. Transformación dixital nas organizacións
Bloque 2. Habilidades directivas
2.1. Desenvolvemento e marca persoal
2.2. Comunicación e oratoria
2.3. Cultura organizacional e liderado participativo
Bloque 3. Proxectos colaborativos
VI Foro Medrando Xuntas
As mulleres interesadas en participar no proceso de selección do programa deberán solicitar a súa admisión, ata o 9 de marzo de 2023, cubrindo o formulario.
Consulta o folleto do programa premendo aquí.