Que pautas deben seguirse para integrarse na rede?
As entidades interesadas en acceder á condición de entidade colaboradora deberán acreditar o interese no desenvolvemento do cooperativismo e da economía social, no apoio ao emprendemento ou no desenvolvemento local. Para formar parte da Rede Eusumo terán que:
- 1. Presentar unha solicitude formal a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (sede.xunta.es)
- 2. Xunto con esa solicitude formal deberán acompañar unha memoria explicativa que conteña, como mínimo, os seguintes aspectos:
- Identificación da entidade e descrición do seu obxecto social
- Descrición dos motivos polos que quere adherirse á Rede
- Actividades realizadas para o fomento da economía social
- Medios que porá a disposición da Rede
- Identificación da entidade e descrición do seu obxecto social
- 3. Así mesmo, deberá achegar unha copia do documento que acredite a personalidade xurídica da entidade.
- 4. No caso de poñer á disposición da rede locais ou instalacións, deberá achegar unha declaración responsable sobre o cumprimento dos requisitos solicitados pola Rede.
Unha vez aprobada a adhesión, esta formalízase cun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a entidade socia.
Ver adxuntos