Es unha persoa emprendedora?
En que vos pode axudar a Rede Eusumo?
- Axúdavos a xerar a idea de negocio, así como a desenvolvela.
- Asesóravos e acompáñavos nos vosos proxectos empresariais.
- Procúravos socios para formar o grupo promotor.
- Garántevos formación e información en cooperativismo e economía social.
- Facilítavos todo o apoio necesario nos trámites administrativos para constituír a vosa empresa ou entidade (trámites de constitución, elaboración dos estatutos…)
Ademais …
- Asesora e acompaña as entidades de economía social no ámbito societario e en materia de xestión empresarial.
- Axuda as entidades de economía social a impulsar novas liñas de negocio e xerar novos proxectos.
- Traballa na definición do modelo empresarial e a elaboración do plan de empresa para as entidades de economía social.
A Rede Eusumo adáptase a vós...
- Se queres gozar dun asesoramento presencial achégate aos nosos centros de atención da Rede Eusumo ou ás nosas Oficinas de Fomento Cooperativo e da Economía Social, onde atoparás os técnicos dispostos a asesorarte en todo o que necesites.
- Se o prefires podes solicitar o asesoramento en liña , onde atoparás o mellor asesoramento adaptado ás túas necesidades.
|
Es unha entidade socia?
Coa idea de establecer unha folla de ruta que defina a grandes liñas o itinerario de atención personalizada aos grupos promotores, a Rede Eusumo lanza o itinerario do emprendemento da economía social.
Este itinerario pode entenderse como un plan de acción que permita un aliñamento e colaboración activa e coordinada entre as entidades socias da Rede Eusumo no marco da atención a proxectos de economía social. Nel especifícanse as actividades que cómpre desenvolver en cada unha das etapas do proxecto, os responsables da súa execución, o prazo estimado para a súa realización etc e outros aspectos que axuden á organización desta actividade e o traballo colaborativo e en rede.
Descarga o itinerario premendo aquí.
|