Obradoiro: Ferramentas tecnolóxicas para a economía social

Espazocoop organiza a seguinte actividade de teleformación a través da Rede Eusumo:

FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS PARA A ECONOMÍA SOCIAL

Datas: do 7 ao 28 de abril de 2021

Modalidade: en liña

Duración: 40 horas

Destinatarios: Persoas que traballan ou colaboran con entidades de economía social e solidaria, tanto do sector de mercado (cooperativas, sociedades laborais,
confrarías, Centros Especiais de Emprego, Empresas de inserción) como de non mercado (Asociacións, Fundacións, etc.). Público en xeral. (Composición do grupo: mínimo 15 persoas e máximo 30).

Obxectivos:

  • Coñecer que son as tecnoloxías da información e da comunicación.
  • Decatarse da importancia das tecnoloxías da información e a comunicación, en especial na economía social.
  • Explorar as posibilidades de mellora que as tecnoloxías da información e a comunicación aportan a nosa empresa de economía social.
  • Desenvolverse adecuadamente coas TIC’s dentro do ámbito das empresas de economía social.
  • Coñecer as diferentes tecnoloxías da información e comunicación, e as súas vantaxes e inconvenientes.
  • Mellorar as destrezas de comunicación a través das novas tecnoloxías da comunicación.

Formación:

Tema 1: Comunicación empresarial: páxina web, blogs e redes sociais
Tema 2: Ferramentas de comunicación empresarial: Slack, correo electrónico, WhatsApp, Trello etc.
Tema 3: Ferramentas de tratamento da información nas empresas:

  • O software libre nas TIC
  • Almacenamento e compartición de información a través da nube (Internet): Drive, Mega, Dropbox etc.
  • Software de oficina. Procesador de textos e follas de calculo. Oficina en liña.

Tema 4: Presente e futuro das TIC:

  • E-administración e e-goberno
  • A innovación nas TIC
  • Novos nichos de mercado ligados ás TIC

Inscricións: a través do seguinte formulario 

Para máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456

Podes visualizar o cartel premendo aquí.

 

Mércores, 7 April, 2021 - 10:30 to Mércores, 28 April, 2021 - 10:30

Compartir