E se traballamos en equipo?

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:
E SE TRABALLAMOS EN EQUIPO?
Datas: 6, 13, 20 e 27 de novembro e 4 de decembro
Horario: de 16:30 a 20:30 horas
Duración: 20 horas (5 sesións)
Lugar: na Confraría de Pescadores San Juan de Redondela, avenida de Mendiño 110, Redondela.
Destinatarios: persoas socias e/ou asalariadas de cooperativas e outras empresas da economía social; persoas que estean desenvolvendo un proxecto de emprendemento cooperativo ou interesadas en formar parte de empresas participativas e a todo o
público en xeral interesado na aprendizaxe práctica de habilidades para o traballo en equipo.
Obxectivos:
- Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo
- Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais
- Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo
Programa formativo:
- Presentación de Unión de Cooperativas Espazocoop e da Rede Eusumo. Como se traballa nunha cooperativa? Habilidades Sociais e persoais: Autocoñecemento. Autoestima.
- Habilidades de comunicación: a escoita activa. Barreiras na Comunicación. Empatía e asertividade. Habilidades para xestionar críticas, peticións e eloxios.
- Habilidades de xestión social: traballo en equipo. Características do traballo en equipo. Vantaxes e inconvintes. Fases de maduración do equipo. Os roles nos equipos de traballo.
- Toma de decisións: tipoloxías. A toma de decisión en grupo, vantaxes e inconvintes. Fases e factores que inflúen na toma de decisións. Avaliación do obradoiro.
Inscricións:
- Gratuíta
- A través do 986 404 380 – 670 881 666 / cofradia@cofradiaredondela.org
Preme aquí para visualizar o cartel.