Día do cooperativismo galego 2020 - ADIÁNTASE ÁS 11 HORAS

Como cada ano, a Secretaría Xeral de Emprego chama a todas as persoas que forman parte da familia cooperativa á celebración do "Día do cooperativismo galego" que terá lugar o primeiro sábado de xullo.

A cita será o próximo 4 de xullo ÁS 11:00 HORAS coa retransmisión en directo desde Vangarda Muebles de Cocina, S.Coop. Galega a través do Facebook e Youtube da Rede Eusumo.

Queremos facer partícipes desta celebración a todas as cooperativas galegas e a todas as persoas que traballan prol do cooperativismo.

Poderedes seguir o acto a través das redes sociais de Eusumo: Youtube e Facebook.

 

Sábado, 4 July, 2020 - 11:00 to 12:30

Compartir